Amenceu un día espantoso que lle quitaría as ganas de correr ó mismisimo Peter Robertson, pero non os triatletas galegos coma nos :D A cortina de auga que caía asolagou parte do circuito ciclista. Debido a este motivo os xuices decidiron acurtar o tramo ciclista a 14 km. O tramo que se acurtou foi unha forte pendente de subida e de baixada que a mais de un lle ía dar algun problema de equilibrio, seguro.
Casualidades do destino, cando se decidiu dar a saída empezou a clarexar dunha manera sorprendente e inesperada e acabou a proba case cun sol de xustiza. Lástima que este mesmo sol non fose quen de quentar un pouco a auga. A verdade é que lle fixo dura competencia á auga do río de Allariz. Aínda que probablemente a sensación térmica fose peor na Coruña debido a alta conductividade do sal.
As cousas quedaron así:
3º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 2º Sub 23 )
6º Rubén Bouza Calvo ( 3º Sub 23 )
10º Emilio Jose Lousa Regueiro
15º Nicolas Dominguez Garcia
23º Miguel Varela Fernandez
42º Francisco Javier Iglesias Prado
45º Gustavo Rubio Rendo
49º David Iglesias Barreira ( 7º Sub 23 )
Clasificacion Xeral
No hay comentarios:
Publicar un comentario