domingo, 20 de enero de 2008

Comezou a Tempada !!!

Aquí estamos de novo, unha vez máis. Desta volta a parada foi en Poio (Pontevedra). Un Duatlón Cross durísimo onde os haxa. Circuito puramente de mountain bike e a carreira a pé superesixente tamén. Probablemente ó sela primeira proba do calendario animou a tan grande e selecta participación neste fermoso Duatlón de montaña.

Alí estivo outra vez o Iglesias Team representando ó Bricosa. Un día espléndido recibiu os nosos duatletas cos brazos abertos que deron de sí todo o que se pode esperar deles. Ó final acadaron un valerosos 35º(kiko), 49º(david) e 70º(Jesus) postos. Ben aventurados foron os que coma David non deron cos seus ósos no chan xa que o circuito entramaba unha certa dificultade.

Pero o mellor de todo estaba todavia por chegar. O campeonísimo Galego Xavier Gómez Noia fixo acto de presenza ó final da proba. Os nosos triatletas puideron manter con él unha agradable conversa na que Xavier se mostrou unha persoa sinxela, asequible e moi natural. Dende o Bricosa un forte saúdo para él, e que o 2008 veña tan ou maís cargado de exitos que o 2007, ainda que é cousa complicada :D.

Mención especial tamén para Natalia Raña que fixo de “coidadora” dos nosos triatletas. Un forte saúdo para ela tamén.

Clasificion oficial





martes, 1 de enero de 2008

Calendario galego 08

Trala asamblea da FeGaTri do mes pasado o Calendario da nosa comunidade quedou asi establecido. Semella que por mor das probas nacionais e internacionais en Galicia, este calendario viuse un tanto adiantado en datas. Esperemos que isto non afecte o estado de forma dos nosos mellores Triatletas.

Feliz Aninovo

Dende o Clube triatlón Bricosa - Pedras de Santiago non queremos deixar pasar estas datas sen desexarvos a todos un Feliz Ano 2008 cargado de saude e vacío de lesións.