Aquí estamos de novo, unha vez máis. Desta volta a parada foi en Poio (Pontevedra). Un Duatlón Cross durísimo onde os haxa. Circuito puramente de mountain bike e a carreira a pé superesixente tamén. Probablemente ó sela primeira proba do calendario animou a tan grande e selecta participación neste fermoso Duatlón de montaña.
Alí estivo outra vez o Iglesias Team representando ó Bricosa. Un día espléndido recibiu os nosos duatletas cos brazos abertos que deron de sí todo o que se pode esperar deles. Ó final acadaron un valerosos 35º(kiko), 49º(david) e 70º(Jesus) postos. Ben aventurados foron os que coma David non deron cos seus ósos no chan xa que o circuito entramaba unha certa dificultade.
Pero o mellor de todo estaba todavia por chegar. O campeonísimo Galego Xavier Gómez Noia fixo acto de presenza ó final da proba. Os nosos triatletas puideron manter con él unha agradable conversa na que Xavier se mostrou unha persoa sinxela, asequible e moi natural. Dende o Bricosa un forte saúdo para él, e que o 2008 veña tan ou maís cargado de exitos que o 2007, ainda que é cousa complicada :D.
Mención especial tamén para Natalia Raña que fixo de “coidadora” dos nosos triatletas. Un forte saúdo para ela tamén.
Clasificion oficial
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario