domingo, 17 de febrero de 2008

Duatlón de Estrada

 Antes de comezar a comentala proba e os resultados gustaríame facer unha pequena relexión sobre como esta a medrar este deporte. O sábado pola mañana estabamos montando os boxes e Quico comentaba: "Vaia pasada como medrou isto, fai uns anos enganchabamos as bicis nas vaias das obras e corriamos con tráfico aberto, e mira para o que estamos aqui montando". Creo que esta frase resume fielmente o avance que está a experimientar este deporte nos últimos anos. Estase a ver en cada proba que o número de inscritos maximos acadase nuns poucos dias e hai listas de suplentes de hasta 50 persoas como pasou aquí en Teo. Esperemos que isto siga asi e que os circuitos novos podan albergar ó maximo número de participantes posibles.

Dito esto pasemos ó deportivo. Todo un éxito. Un nivel dos que poucas veces se lembran. Toda a elite estaba alí xunta, e entre eles como non, os nosos bricosas.
Tamén o día estivo á altura. Un sol de Febreiro nada normal neste tempo. Baixo este sol deu comezo a proba feminina, na que Aida Valiño, demostrou una vez máis que quere ser unha grande figura dentro deste deporte. Abofé que se sigue así, acadará o seu obxectivo. Po detrás dela chegou a inesgotable Margarita Pérez e un pouco despois Laura Consuegra.

No apartado masculino… Sobran as palabras, unha emocionantísima carreira cun nivel que nada lle envexa a unha proba estatal. Ó Final impúxose a experiencia de Franciso Vázquez e Emilio Montilla frente a xuventude de Jesus Gomar, Borja Conde e Manuel Piñeiro.

Os nosos quedaron da seguinte maneira:

Féminas
21ª Maria Puga Fernandez ( 8ª Junior )

Homes
7º Jose Manuel Vieito Vilacoba
8º Luis Calvo Castro (Debutante)
9º Alberto Trillo Barca ( 4º Sub23 )
12º Nicolás Domienguez García
13º Juan Jesus Barral Varela
14º Emilio Jose Lousa Regueiro
17º Jesus Fernandez Fernandez
23º Ruben Bouza Calvo ( 5º Sub 23 )
29º Brais Canosa Fernandez ( 8º Sub 23 ) (Debutante)
34º David Pita Rodriguez ( 4º Junior )
37º Anxo Ruanova Fernandez
46º Diego Barreiro Carneiro ( 6º Junior )
64º David Iglesias Barreira ( 13º Sub23 )
86º Manuel Cobreros Vieito
111º Miguel Soto Castiñeira ( 16º Sub 23 ) (Debutante)
120º Xavier Trelles Añón ( 5º Cadete )
123º Juan Manuel Pazos Leis
124º Miguel Castro Santos ( 8º Junior )
127º Javier Rodiguez Monteagudo ( 22º Vetarán )
130º Leandro Gonzalez Castro
133º Alexandre Perez Gomez ( 10º Junior ) (Debutante)

A partires deste intre cada semana teremos unha cita puntual co campionato galego de estadra. Sorte para todos ¡!

sábado, 16 de febrero de 2008

Pontevedra Cross

Segunda proba do Campionato galego de Duatlón Cross. Pontevedra foi a cidade que acolleu esta proba. Como comentarios salientables dicir que o circuito era moi rápido, nada que ver con Poio.

Con respecto ós resultados deportivos gustaríame destacar un par de cousas.
-Carreron de Margarita P.B. facendo un primeiro parcial do 5mil impresionante.
-Retorno de Natalia Raña con victoria incluida.

As máis sinceras felicitacións para elas dende o bricosa.

En canto ós nosos que é o que nos ocupa, estes foros os seus resultados:

Feminino
14º Maria Puga Fernandez (3ª Junior)

Masculino
29º Francisco Javier Iglesias Prado

Clasificación Xeral


Fotos: Cando teña tempo para pasarme pola web dos cormorans (outro forte saudo para eles)