Antes de comezar a comentala proba e os resultados gustaríame facer unha pequena relexión sobre como esta a medrar este deporte. O sábado pola mañana estabamos montando os boxes e Quico comentaba: "Vaia pasada como medrou isto, fai uns anos enganchabamos as bicis nas vaias das obras e corriamos con tráfico aberto, e mira para o que estamos aqui montando". Creo que esta frase resume fielmente o avance que está a experimientar este deporte nos últimos anos. Estase a ver en cada proba que o número de inscritos maximos acadase nuns poucos dias e hai listas de suplentes de hasta 50 persoas como pasou aquí en Teo. Esperemos que isto siga asi e que os circuitos novos podan albergar ó maximo número de participantes posibles.
Dito esto pasemos ó deportivo. Todo un éxito. Un nivel dos que poucas veces se lembran. Toda a elite estaba alí xunta, e entre eles como non, os nosos bricosas.
Tamén o día estivo á altura. Un sol de Febreiro nada normal neste tempo. Baixo este sol deu comezo a proba feminina, na que Aida Valiño, demostrou una vez máis que quere ser unha grande figura dentro deste deporte. Abofé que se sigue así, acadará o seu obxectivo. Po detrás dela chegou a inesgotable Margarita Pérez e un pouco despois Laura Consuegra.
No apartado masculino… Sobran as palabras, unha emocionantísima carreira cun nivel que nada lle envexa a unha proba estatal. Ó Final impúxose a experiencia de Franciso Vázquez e Emilio Montilla frente a xuventude de Jesus Gomar, Borja Conde e Manuel Piñeiro.
Os nosos quedaron da seguinte maneira:
Féminas
21ª Maria Puga Fernandez ( 8ª Junior )
Homes
7º Jose Manuel Vieito Vilacoba
8º Luis Calvo Castro (Debutante)
9º Alberto Trillo Barca ( 4º Sub23 )
12º Nicolás Domienguez García
13º Juan Jesus Barral Varela
14º Emilio Jose Lousa Regueiro
17º Jesus Fernandez Fernandez
23º Ruben Bouza Calvo ( 5º Sub 23 )
29º Brais Canosa Fernandez ( 8º Sub 23 ) (Debutante)
34º David Pita Rodriguez ( 4º Junior )
37º Anxo Ruanova Fernandez
46º Diego Barreiro Carneiro ( 6º Junior )
64º David Iglesias Barreira ( 13º Sub23 )
86º Manuel Cobreros Vieito
111º Miguel Soto Castiñeira ( 16º Sub 23 ) (Debutante)
120º Xavier Trelles Añón ( 5º Cadete )
123º Juan Manuel Pazos Leis
124º Miguel Castro Santos ( 8º Junior )
127º Javier Rodiguez Monteagudo ( 22º Vetarán )
130º Leandro Gonzalez Castro
133º Alexandre Perez Gomez ( 10º Junior ) (Debutante)
A partires deste intre cada semana teremos unha cita puntual co campionato galego de estadra. Sorte para todos ¡!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario