sábado, 29 de diciembre de 2007

Calendario Oficial Español

Xa é ofcial o novo calendario para o vindeiro ano 2008. Este é un fiel reflexo do estado actual do triatlón en Galicia. Un deporte en plena ebullición que se ve recompensado cunhas cantas probas de nivel no noso territorio. Entre elas destacan a xa consolidada proba do Duatlón cross en Castroverde, o clasificatorio de Vigo, e como probas estrela os nacionais de du,tri e tri cross en Monforte, Ferrol e Pontevedra. Todo un luxo para os nosos triatletas e afeccionados a este deporte.

Velaqui o enlace : Calendario08

sábado, 24 de noviembre de 2007

Pedestre Popular de Santiago

Para algúns o fin da tempada, para outros unha omenaxe ao corpo e para os mais, un incio formidable da pretempada do ano próximo. Esta fermosa carreira na nosa cidade non deixa indiferente a ninguén. Xa sexan participantes (os mais valerosos), acompañantes, pais, nais, ou simples biandantes que se impregnan do carácter especial deste evento en tan inmellorable emplazamento como é Compostela. Na súa XXX edición (non pensedes mal) esta carreira acadou un récord de participación, no que non podian faltar os integrantes do noso clube. Aquí van algunhas fotos e postos dos nosos atletas. Faltan algúns pero urgando nas fotos do correo galego non fun quen de atoparvos.

Categoria Absoluta:

63º Juan Jesus Barral Varela
141º Diego Barreiro Carneiro
155º David Barreiro Carneiro
241º Nicolas Dominguez Garcia
304º David Iglesias Barreira
342º Alberto Trillo Barca
540º Javier Barca Cantorna
2629º Edgarg Piñeiro Méndez – Benegassi

Categoria Infantil:

1º Uxío Abuín Ares
35º Pol Alonso Oliva
552º Miguel Barcala Iglesias

FELICIDADES especiais para Uxío pola súa segunda victoria consecutiva nesta carreira. E para todolos demais, xa sabedes o posto que hai que mellorar para o ano que ven ;)




Coruña 10


 

Na súa primeira edición, esta carreira merece unha mención especial. A pesar de coincidir coa media maratón de Pontevedra a afluencia masiva de xente e o pedazo de circuito que ten, augura para esta proba un prato forte no calendario nos vindeiros anos. Desta volta e seguramente por coincidir co final de tempada e ser a primerira edición, solo dous bricosas defenderon as cores do clube, pero abofé que o fixeron ben. Velaqui os resultados

14º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 6º Senior )
80º David Iglesias Barreira ( 4º Promesa )







sábado, 17 de noviembre de 2007

Resultados Finais

Unha vez rematadas as 5(*) probas do Campionato Galego de Triatlón xa temos novos campións, reválidas de títulos, e novas sorpresas.

O título por equipos volveu caer do lado Lucense, aínda que probablemente este ano foi o máis reñido. O ano que ven promete ser máis apasionante se cabe nesta loita polo liderato en Galicia, que como todos sabemos, é unha potencia a nivel nacional.

Os resultados dos nosos foron os seguintes. É unha lástima que se vexan tan influenciados polo triatlón de Riazor, no que a simple participación ou non pode catapultarte na clasificación. Sen quitar métitos a niguén, porsuposto.

5º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 4º Sub 23 )
6º Iago Ruanova Fernandez ( 2º Junior )
8º Ruben Bouza Calvo ( 3º Sub 23 )
13º Emilio Jose Lousa Regueiro
17º Nicolas Dominguez Garcia
23º Miguel Varela Fernandez
45º Francisco Javier Iglesias Prado
47º Gustavo Rubio Rendo
53º David Iglesias Barreira ( 7º Sub 23 )

------------------------------------------------ ( penalizacion +200 )

72º Anton Ruanova Fernandez ( 10º Sub 23 )
89º Anxo Ruanova Fernandez ( 12º Sub 23 )

------------------------------------------------ ( penalizacion +400 )

117º Alberto Trillo Barca ( 16º Sub 23 )
122º Javier Nercellas Mendez
123º Alvaro Vilela Pajaro ( 10º Cadete )
124º Uxío Abuín Ares ( 11º Cadete )
131º David Barreiro Carneiro ( 12º Junior )
143º Miguel Castro Santos ( 14º Junior )
145º Xavier Trelles Añon ( 15º Cadete )


Pese a non contar con representación feminina no bricosa, sorte temos os galegos, de contar con tan boa xeración de triatletas.Entre elas destacan Aída Valiño, Saleta Castro, Sara Velo, Alba Cuba, Melina Alonso…

No apartado masculino ben demostrado está que imos pisando forte. En todalas categorías temos representantes de primeirisimo nivel. Empezando desde cadetes con Alejandro Perez, Uxio Abuín, Oscar Castro, Alvaro Vilela seguindo por Juniors como Iago Ruanova, Alfredo Freire, Oscar Vicente e acabando polos Sub 23 Antón Ruanova, Alberto Trillo, Borja Gabriel Conde, Adrian Vazquez, Ruben Bouza, Jose Manuel Vieito… Todos eles con un denominador comun. Ganas de seguir mellorando.

Non quero rematar sen antes felicitar a todolos triatletas independentemente dos seu resultado acadado. Lembrar que isto é un deporte q que non fai falla ser un Iván Raña para disfrutar plenamente del.

Con isto damos por finalizada a tempada de Triatlón. Dende aquí ínstovos a que vos preparedes a conciencia para o ano que ven e asi poder seguir disfrutando.

Un saudo para todos.

Triatlón de Riazor

Velaquí a derradeira proba do campionato galego de Triatlón da tempada 2007. Tralo fiasco de Vigo todos agardabamos impacientes esta data para sacarnos ese mal sabor de boca e dilucidar tamén, cal sería o noso posto no Campionato. A decisión dos xuices de puntuar dobre espoleou se cabe as ganas dos triatletas de facer un bo papel en coruña.

Amenceu un día espantoso que lle quitaría as ganas de correr ó mismisimo Peter Robertson, pero non os triatletas galegos coma nos :D A cortina de auga que caía asolagou parte do circuito ciclista. Debido a este motivo os xuices decidiron acurtar o tramo ciclista a 14 km. O tramo que se acurtou foi unha forte pendente de subida e de baixada que a mais de un lle ía dar algun problema de equilibrio, seguro.

Casualidades do destino, cando se decidiu dar a saída empezou a clarexar dunha manera sorprendente e inesperada e acabou a proba case cun sol de xustiza. Lástima que este mesmo sol non fose quen de quentar un pouco a auga. A verdade é que lle fixo dura competencia á auga do río de Allariz. Aínda que probablemente a sensación térmica fose peor na Coruña debido a alta conductividade do sal.

As cousas quedaron así:


3º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 2º Sub 23 )
6º Rubén Bouza Calvo ( 3º Sub 23 )
10º Emilio Jose Lousa Regueiro
15º Nicolas Dominguez Garcia
23º Miguel Varela Fernandez
42º Francisco Javier Iglesias Prado
45º Gustavo Rubio Rendo
49º David Iglesias Barreira ( 7º Sub 23 )

Clasificacion Xeral






 

sábado, 10 de noviembre de 2007

¿ Acuatlón de Vigo ? :S

Mmm, a verdade é que non sei que dicir ao respecto. Un desastre, gardemos unhas liñas de silencio polos afectados, é dicir, todos nos. Os triatletas.

...





...

"Clasificación"

3º Iago Ruanova Fernandez ( 2º Junior )
4º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 1º Sub 23 )
5º Anton Ruanova Fernandez ( 2º Sub 23 )
6º Alberto Trillo Barca ( 3º Sub 23 )

17º Alvaro Vilela Pajaro ( 3º Cadete )
20º David Barreiro Carneiro ( 5º Junior )
24º Ruben Bouza Calvo ( 5º Sub 23 )
36º David Iglesias Barreira ( 7º Sub 23 )
38º Miguel Castro Santos ( 9º Junior )
45º Pol Alonso Oliva ( 5º Cadete )
46º Gustavo Rubio Rendo
72º Javier Rodriguez Monteagudo ( 14º Veterans )

" Clasificacion "Completa" "



viernes, 2 de noviembre de 2007

Triatlón Cross Allariz

Facemos un alto no camiño para disputar esta vez, o Campionato Galego de triatlón Cross na preciosa Vila de Allariz. Un día espléndido acompañounos durante toda a xornada. 

Que dicir teño que a auga do rio estaba xeada !! Os aventureiros que non levaron neopreno houberon acordarse del durante todo o traxecto acuático, seguro. Entre eles o noso intrépido bricosa Javier Rodriguez Monteagudo que desta volta foi quen de rematar o seu primer triatlón trala mala sorte que lle acompañou nas ultimas probas.

O tramo ciclista non entramaba moita dificultade técnica. O único que podia resultar incómodo ou perigoso ás veces era a grava e a area solta. Polo resto un cto bastante rapido para ser de montaña.
Non así o tramo pedestre. Este si que era duro, un subir e baixar constante por todo tipo de terreos. As fortes pendentes fancian plantexarse ás veces que sería mellor, se correr, ou andar rapido :D.

Sen mais dilacion aqui estan os resultados. Ainda que desta vez non contamos coa participación da elite do bricosa, o Iglesias Team deixou o pavillón do bricosa ben alto.

15º Francisco Javier Iglesias Prado
22º David Iglesias Barreira
41º Javier Rodriguez Monteagudo ( 6º Veteranos )

Clasificacion Xeral

Dende aquí tamén quero felicitar a Saleta Castro Nogueira polo título acadado en Allariz. Este título súmase xa ó seu amplo palmarés tanto nacional coma internacional a pesar da súa curta idade. Seguro que non será o último. Un forte saludo para ela.







Triatlón de Vilagarcia (3ª proba do Cto. Galego)

A nosa 3ª parada era nas Rias baixas. Vilagarcía de Arousa sería testigo do esforzo dos nosos triatletas para acadar o mellor resultado posible.

A verdade é que deste tri non podo contar moito xa que non estiven en corpo presente, ainda que o meu espíritu estaba con todos vos ;)

Resultados:

4º Iago Ruanova Fernandez ( 2º Junior )
6º Ruben Bouza Calvo ( 2º Sub 23 )
19º Uxío Abuín Ares ( 3º Cadete )
25º Anxo Ruanova Fernandez ( 4º Sub 23 )
36º Miguel Varela Fernandez
42º Gustavo Rubio Rendo
46º Francisco Javier Iglesias Prado

Clasificación Xeral

Desta volta a falta de medios propios acudo aos extensos reportaxes gráficos dos cormoráns. Outro forte saúdo dende quí para eles.





Triatlón de Vila de Cruces (2ª proba Cto. Galego)

Desta volta o destino citounos no lugar de Vila de Cruces. Alí tería lugar a segunda proba do campionato Galego de Triatlón.

Nesta ocasión acadamos tamén unha traballada vitoria por equipos, comandada polos Ruanova Brothers.

Como comentario dicir que a temperatura da agua era óptima. Resltar tamén a dureza das primeiras rampas de ata un 15% nas que a maioría das mulleres tivo que por pé a terra por mor da sua dureza. Neste tri a eleccion dun bo casete de piñons pode ser clave. A verdade e que tal parece unha crono-escalada. Do total de 20 km dos que consta o tramo ciclista, uns 15 deben de ser de subida. A carreira a pé bastante esixente tamén cunha costa durisima a escasos 300 metros de meta.

Aqui os resultados do noso clube:

3º Anton Ruanova Fernandez ( 3º Sub 23 )
4º Iago Ruanova Fernandez ( 1º Junior )
5º Rubén Bouza Calvo ( 4º Sub 23 )
21º Miguel Varela Fernandez
42º Francisco Javier Iglesias Prado
51º Gustavo Rubio Rendo
53º David Iglesias Barreira ( 8º Sub 23 )

Clasificacion Xeral












Fotos: Esta vez xa con medios propios ;)

sábado, 20 de octubre de 2007

Comeza o Cto. Galego de Tri. En Pontevedra !!!

Decidín empezar a colgar noticias no comezo da tempada de triatlón en Galicia. Esta tempada empezou cun rotundo éxito para o noso clube. Acadamos unha victoria por equipos e ademais unha interesante victoria individual por parte do inmenso Alberto Trillo.

Nesta proba alcanzouse a máxima participacion da tempada no campionato galego de triatlón. Notábase que a xente xa tiña ganas de auga...

Os resultados da proba podedelos consultar na web da Fegatri ou pulsando aqui directamente pero podo adiantarvos a clasificación dos "zebras".

1º Alberto Trillo Barca ( 1º Sub 23 )
2º Anton Ruanova Fernandez ( 2º Sub 23 )
8º Iago Ruanova Fernandez ( 1º Junior )
10º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 7º Sub 23 )
11º Javier Nercellas Mendez
16º Alvaro Vilela Pajaro ( 2º Cadete )
17º Emilio Jose Lousa Regueiro
22º Anxo Ruanova Fernandez ( 10º Sub 23 )
23º Nicolas Dominguez Garcia
45º Miguel Varela Fernandez
46º David Barreiro Carneiro ( 4º Junior )
47º Gustavo Rubio Rendo
67º Francisco Javier Iglesias Prado
78º Miguel Castro Santos ( 6º Junior )
86º Xavier Trelles Añon ( 12º Cadete ) (Debutante na distancia)
96º David Iglesias Barreira ( 15º Sub 23 ) (Debutante en Triatlón)

A destacar a tremenda galopada que se marcou en soitario Alberto Trillo. Dominou no sector acuático, deu un recital sobre a bicicleta ben acoplado el soiño contra o vento e rematou gañando esta carreira ben merecida.

Teño que agradecer o C.T. Cormorans a reportaxe gráfica xa que neste triatlón non
dispuxemos de medios propios. Un saudo dende aui para eles e a súa maravillosa web.























Un primeiro paso

Coma Calquera cousa nesta vida, todo ten un comenzo. Aqui empeza a andadura no web no Clube Triatlón Bricosa-Pedras de Santiago. Non sei se prometer que algún dia cando remate a carreira este blog se poda transformar nunha web con dominio propio e de pago. Pero bueno, imos ir pasiño a pasiño, que como ben di o titulo, este é un primeiro paso...

Ahi vai unha foto de grupo un pouco vella, novembro de 2005, para inaugurar o blog