viernes, 2 de noviembre de 2007

Triatlón Cross Allariz

Facemos un alto no camiño para disputar esta vez, o Campionato Galego de triatlón Cross na preciosa Vila de Allariz. Un día espléndido acompañounos durante toda a xornada. 

Que dicir teño que a auga do rio estaba xeada !! Os aventureiros que non levaron neopreno houberon acordarse del durante todo o traxecto acuático, seguro. Entre eles o noso intrépido bricosa Javier Rodriguez Monteagudo que desta volta foi quen de rematar o seu primer triatlón trala mala sorte que lle acompañou nas ultimas probas.

O tramo ciclista non entramaba moita dificultade técnica. O único que podia resultar incómodo ou perigoso ás veces era a grava e a area solta. Polo resto un cto bastante rapido para ser de montaña.
Non así o tramo pedestre. Este si que era duro, un subir e baixar constante por todo tipo de terreos. As fortes pendentes fancian plantexarse ás veces que sería mellor, se correr, ou andar rapido :D.

Sen mais dilacion aqui estan os resultados. Ainda que desta vez non contamos coa participación da elite do bricosa, o Iglesias Team deixou o pavillón do bricosa ben alto.

15º Francisco Javier Iglesias Prado
22º David Iglesias Barreira
41º Javier Rodriguez Monteagudo ( 6º Veteranos )

Clasificacion Xeral

Dende aquí tamén quero felicitar a Saleta Castro Nogueira polo título acadado en Allariz. Este título súmase xa ó seu amplo palmarés tanto nacional coma internacional a pesar da súa curta idade. Seguro que non será o último. Un forte saludo para ela.







No hay comentarios: