Desta volta o destino citounos no lugar de Vila de Cruces. Alí tería lugar a segunda proba do campionato Galego de Triatlón.
Nesta ocasión acadamos tamén unha traballada vitoria por equipos, comandada polos Ruanova Brothers.
Como comentario dicir que a temperatura da agua era óptima. Resltar tamén a dureza das primeiras rampas de ata un 15% nas que a maioría das mulleres tivo que por pé a terra por mor da sua dureza. Neste tri a eleccion dun bo casete de piñons pode ser clave. A verdade e que tal parece unha crono-escalada. Do total de 20 km dos que consta o tramo ciclista, uns 15 deben de ser de subida. A carreira a pé bastante esixente tamén cunha costa durisima a escasos 300 metros de meta.
Aqui os resultados do noso clube:
3º Anton Ruanova Fernandez ( 3º Sub 23 )
4º Iago Ruanova Fernandez ( 1º Junior )
5º Rubén Bouza Calvo ( 4º Sub 23 )
21º Miguel Varela Fernandez
42º Francisco Javier Iglesias Prado
51º Gustavo Rubio Rendo
53º David Iglesias Barreira ( 8º Sub 23 )
Clasificacion Xeral
Fotos: Esta vez xa con medios propios ;)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario