sábado, 17 de noviembre de 2007

Resultados Finais

Unha vez rematadas as 5(*) probas do Campionato Galego de Triatlón xa temos novos campións, reválidas de títulos, e novas sorpresas.

O título por equipos volveu caer do lado Lucense, aínda que probablemente este ano foi o máis reñido. O ano que ven promete ser máis apasionante se cabe nesta loita polo liderato en Galicia, que como todos sabemos, é unha potencia a nivel nacional.

Os resultados dos nosos foron os seguintes. É unha lástima que se vexan tan influenciados polo triatlón de Riazor, no que a simple participación ou non pode catapultarte na clasificación. Sen quitar métitos a niguén, porsuposto.

5º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 4º Sub 23 )
6º Iago Ruanova Fernandez ( 2º Junior )
8º Ruben Bouza Calvo ( 3º Sub 23 )
13º Emilio Jose Lousa Regueiro
17º Nicolas Dominguez Garcia
23º Miguel Varela Fernandez
45º Francisco Javier Iglesias Prado
47º Gustavo Rubio Rendo
53º David Iglesias Barreira ( 7º Sub 23 )

------------------------------------------------ ( penalizacion +200 )

72º Anton Ruanova Fernandez ( 10º Sub 23 )
89º Anxo Ruanova Fernandez ( 12º Sub 23 )

------------------------------------------------ ( penalizacion +400 )

117º Alberto Trillo Barca ( 16º Sub 23 )
122º Javier Nercellas Mendez
123º Alvaro Vilela Pajaro ( 10º Cadete )
124º Uxío Abuín Ares ( 11º Cadete )
131º David Barreiro Carneiro ( 12º Junior )
143º Miguel Castro Santos ( 14º Junior )
145º Xavier Trelles Añon ( 15º Cadete )


Pese a non contar con representación feminina no bricosa, sorte temos os galegos, de contar con tan boa xeración de triatletas.Entre elas destacan Aída Valiño, Saleta Castro, Sara Velo, Alba Cuba, Melina Alonso…

No apartado masculino ben demostrado está que imos pisando forte. En todalas categorías temos representantes de primeirisimo nivel. Empezando desde cadetes con Alejandro Perez, Uxio Abuín, Oscar Castro, Alvaro Vilela seguindo por Juniors como Iago Ruanova, Alfredo Freire, Oscar Vicente e acabando polos Sub 23 Antón Ruanova, Alberto Trillo, Borja Gabriel Conde, Adrian Vazquez, Ruben Bouza, Jose Manuel Vieito… Todos eles con un denominador comun. Ganas de seguir mellorando.

Non quero rematar sen antes felicitar a todolos triatletas independentemente dos seu resultado acadado. Lembrar que isto é un deporte q que non fai falla ser un Iván Raña para disfrutar plenamente del.

Con isto damos por finalizada a tempada de Triatlón. Dende aquí ínstovos a que vos preparedes a conciencia para o ano que ven e asi poder seguir disfrutando.

Un saudo para todos.

No hay comentarios: