sábado, 17 de noviembre de 2007

Triatlón de Riazor

Velaquí a derradeira proba do campionato galego de Triatlón da tempada 2007. Tralo fiasco de Vigo todos agardabamos impacientes esta data para sacarnos ese mal sabor de boca e dilucidar tamén, cal sería o noso posto no Campionato. A decisión dos xuices de puntuar dobre espoleou se cabe as ganas dos triatletas de facer un bo papel en coruña.

Amenceu un día espantoso que lle quitaría as ganas de correr ó mismisimo Peter Robertson, pero non os triatletas galegos coma nos :D A cortina de auga que caía asolagou parte do circuito ciclista. Debido a este motivo os xuices decidiron acurtar o tramo ciclista a 14 km. O tramo que se acurtou foi unha forte pendente de subida e de baixada que a mais de un lle ía dar algun problema de equilibrio, seguro.

Casualidades do destino, cando se decidiu dar a saída empezou a clarexar dunha manera sorprendente e inesperada e acabou a proba case cun sol de xustiza. Lástima que este mesmo sol non fose quen de quentar un pouco a auga. A verdade é que lle fixo dura competencia á auga do río de Allariz. Aínda que probablemente a sensación térmica fose peor na Coruña debido a alta conductividade do sal.

As cousas quedaron así:


3º Jose Manuel Vieito Vilacoba ( 2º Sub 23 )
6º Rubén Bouza Calvo ( 3º Sub 23 )
10º Emilio Jose Lousa Regueiro
15º Nicolas Dominguez Garcia
23º Miguel Varela Fernandez
42º Francisco Javier Iglesias Prado
45º Gustavo Rubio Rendo
49º David Iglesias Barreira ( 7º Sub 23 )

Clasificacion Xeral






 

No hay comentarios: